Galegos en Mauthausen

venres, 20 de Xaneiro de 2023

Exposición fotográfica da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática

A sala multiusos da nosa planta soto acolle unha vez máis a exposición fotográfica Galegos en Mauthausen, da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, dende o martes 24 de xaneiro ata o sábado 4 de febreiro.

A mostra está composta por 40 fotografías que amosan as condicións de vida no campo de concentración, así coma documentación (cartas, fotografías…) dalgúns españois e españolas presos/as.

Horario de visitas:

  • De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

Os grupos que así o desexen poderán solicitar unha visita guiada a cargo do historiador Enrique Barrera Beitia, membro da directiva da Asociación Memoria Histórica Democrática. Para iso será necesario poñerse en contacto coa biblioteca no número 981382173.

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Fotografía
Mauthausen
Biblioespazo 2023