Exposicións homenaxe ao pobo xitano

xoves, 2 de Xuño de 2022

Dúas mostras fotográficas na sala de exposicións da biblioteca

A sala de exposicións da nosa planta soto abre de novo as súas portas para acoller unha mostra fotográfica. Dende o luns 6 ata o sábado 18 de xuño poderedes visitar unha exposición dobre adicada ao pobo xitano de Narón que está formada por:

  1. Somos xitanos e xitanas de Narón e esta é a nosa historia: fotografías de veciños e veciñas de Narón de etnia xitana.
  2. Homenaxe ao pobo xitano de Narón: imaxes de entrevistas interxeracionais e interculturais de persoas de etnia xitana e doutras culturas.

Esta actividade está encamiñada a visibilizar e recoñecer a cultura xitana para acadar unha maior integración coa cidadanía.

 

 

O horario de visitas desta mostra será:

  • De luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 10:00 a 13:00 horas.

 

 

Etiquetas: 
Exposicións
Fotografía
Pobo xitano
Biblioespazo 2022