Exposición artística Espacio especial, de Saila Chao

venres, 15 de Decembro de 2023
1211 Exposición Saila Chao CADRADO.png
1211 Exposición Saila Chao CADRADO.png

A veciña de Narón Saila Chao expón Espacio especial, unha mostra de trinta acuarelas.

A veciña de Narón Saila Chao expón Espacio especial, unha mostra de trinta acuarelas.

A sala multiusos da planta soto acolle dende o luns 11 ata o sábado 30 de decembro a mostra artística Espacio especial, unha colección de trinta acuarelas da artista Saila Chao.

Saila Chao naceu en Barallobre, Fene, pero reside dende hai unha década no noso concello. Segundo as súas propias palabras debuxa dende que ten uso de razón coa intención de levar ao espectador/a a recoñecer a maxia oculta no cotián.

Con máis de vinte anos de experiencia, Saila participou en exposicións individuais e colectivas levando a súa arte a diversos espazos culturais. O seu labor como monitora de debuxo, pintura e teatro e centros de atención á diversidade e en actividades para todas as idades nutriu a súa obra cunha sensibilidade única.

Nos últimos tempos a artista está centrada principalmente na acuarela, técnica presente na exposición que nos ofrece.

O horario de visita da exposición será:

  • Luns a venres de 17:00 a 20:00 horas.
  • Sábados de 10:00 a 13:00 horas.
Etiquetas: 
Exposiciones
Pintura
Acuarela
Arte
Saila Chao