Unha presada de castañas

Data: 
sábado, 6 de Novembro de 2021
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Unha viaxe ao tempo das nosas avoas e avós para coñecermos as nosas tradicións.

Dende o tempo dos celtas, coa chegada do outono os nosos antepasados apuraban o remate da tempada de colleitas e as familias preparábanse para as longas e frías noites de inverno.

Nese momento as despensas desbordaban cereal, mel, viño, carne curada da matanza e, por suposto, castañas.

O sábado 6 de novembro ás 11:00 recibimos a Caxoto Contacontos co seu espectáculo Unha presada de castañas, co que fai un repaso ás nosas tradicións relacionadas co magosto mentres elabora un zoncho, o colar de castañas que cando era neno lle facía a súa avoa para levar á escola.

Para participar nesta actividade:

► Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

► É necesario reservar praza a partir do martes 2 de novembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.