Un corazón a flor de pel

Data: 
sábado, 22 de Setembro de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Emocionante contacontos para nenos e nenas a partir de 4 anos

Coa volta do outono retomamos o noso programa Biblioespazo 2018, cuxa primeira actividade infantil terá lugar o sábado 22 de setembro ás 11:00 horas.

Nesta ocasión Caxoto Contacontos transfórmase nun doutor que ven facernos unha particular revisión médica, polo que teremos que pasar algunha proba para a diagnose da nosa doenza (se é que temos algunha).

Esta actividade ven cargada de emocións e o seu obxectivo é que saibamos recoñecelas.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas e os 4 anos cumpridos.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 18 de setembro ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.