Túpiti, túpiti, túpiti, tap… xogar é para valentes!!

Data: 
luns, 18 de Xullo de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Unha actividade dinámica na que os nenos e nenas serán os protagonistas dun conto

O vindeiro luns, 18 de xullo, convidamos aos rapaces e rapazas máis avispados e valentes da contorna a ser os heroes dun dos contos máis populares da nosa colección. De seguro pasaremos un tempo divertido no que tamén teremos que afinar as voces para lograr o noso cometido. Quen se atreve?

A actividade comezará ás 11:00 da mañá.

Para participar é necesario:

  • Ter cumpridos 4 anos.
  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do martes 12 de xullo ás 9:00 horas, no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.