Presentación do libro Terra e mar

Data: 
mércores, 15 de Xuño de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

O escritor naronés Manuel Cendán presenta o seu libro na biblioteca.

A sala multiusos da planta soto da biblioteca acollerá o vindeiro mércores 15 de xuño ás 19:00 horas a presentación de Terra e mar, poemario do naronés Manuel Cendán.

A obra está publicada pola editorial Balea, que destaca na súa sinopse: “Manuel Cendán, autor deste Terra e mar, definiuse a si mesmo nunca ocasión como “outsider inquedo”, e o poeta e escritor José Torregrosa nomeouno “poeta clandestino”. Amor e desamor, como corresponde á mellor tradición lírica galega, conforman un feixe de poemas limpos e luminosos, cos que Cendán constrúe este seu magnífico segundo libro”.

Manuel Cendán é ademais articulista habitual da prensa escrita e persoa fortemente vencellada aos movementos sociais.

O acto de presentación deste libro está aberto ao público en xeral ata esgotar o aforo dispoñible da sala.