Potencia a túa creatividade ata o ∞

Data: 
mércores, 6 de Outubro de 2021
Lugar: 
Axencia de lectura da Gándara

Obradoiro creativo para nenos e nenas a partir de 8 anos

A Axencia de lectura da Gándara (na Casa da mocidade) acolle o mércores día 6 de outubro ás 17:30 horas unha emocionante actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos.

Trátase dun obradoiro para espertar a creatividade que nos ofrece a compañía Ciencia en movemento.

Para acadar o tesouro que custodia a nosa mascota os nenos e nenas deberán resolver múltiples enigmas creativos. Se levan a cabo con éxito todas as probas terán a combinación que da acceso ao tesouro. Neste obradoiro todo está do revés pero como dicía Einstein “cando todo fracasa, a creatividade é a única saída”

Para participar nesta actividade:

· Os nenos e nenas deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

· É imprescindible reservar praza a partir do mércores 29 de setembro ás 16:00 horas na sala de adultos/as da Biblioteca central do Alto ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

IMPORTANTE:

Por favor, agardade no exterior ata ser chamados/as gardando a debida distancia de seguridade co resto das persoas. Unha traballadora da biblioteca estará pendente da vosa chegada e organizará a vosa entrada para facela de maneira segura.

O espazo na sala de actividades estará disposto para cumprir con todas as medidas de seguridade (ventilación, desinfección, distancia de seguridade).

Lembrade que é obrigatorio levar posta a máscara en todo momento.

 

Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia a través do programa Ler conta moito.