Posta a punto de bicicletas e patinetes para o Nadal

Data: 
mércores, 18 de Decembro de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro colaborativo 

Como todos os anos por estas datas, a Concellería de Seguridade Cidadá, a través do Equipo de Educación Viaria do concello, ten en marcha a campaña A túa vella bici vale un sorriso. O seu obxectivo é recoller bicicletas e patinetes para seren entregados este Nadal ás familas con escasos recursos a través do Centro de recursos solidarios de Narón.

Solicítase que as bicicletas e patinetes estean no mellor estado de conservación posible. Porén, o equipo de Educación Viaria, xunto con persoas voluntarias, farán unha posta a punto de todos eles para reparar os posibles desperfectos.

A Biblioteca municipal quere colaborar con esta campaña ofrecendo un espazo de encontro onde as persoas voluntarias poidan xuntarse para realizar estas tarefas de posta a punto das bicicletas e patinetes. Para elo programa unha xornada de traballo colaborativo o mércores 18 de decembro entre as 18:00 e as 20:00 horas. A participación é libre pero por razóns organizativas agradécese que as persoas que queiran participar chamen a partir do xoves 12 ao 981382173 para indicalo. O Equipo de Educación Viaria aportará as ferramentas necesarias para as pequenas reparacións, pero cada persoa poderá traer as súas propias.

O prazo para doar bicicletas e patinetes aínda está aberto. A entrega pode facerse ata o día 18 de decembro na oficina de Educación Viaria (planta baixa do edificio do Concello) e nos centros educativos de Narón.