Por todos os días violeta

Data: 
sábado, 9 de Marzo de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade infantil coa que conmemoramos o Día internacional da muller

O día 8 de marzo é o Día internacional da muller, unha data chea de actos e reivindicacións na que se conmemora a loita da muller polos seus dereitos. Na biblioteca tamén queremos destacar a importancia desta data organizando un obradoiro para nenos e nenas a partir de 4 anos que se vai desenvolver o sábado 9 ás 11:00 h.

A través desta actividade que leva por título Por todos os días violeta, coñeceremos algunhas mulleres que ao longo da historia destacaron polos seus logros profesionais e persoais en diferentes disciplinas e que loitaron polo recoñecemento dos dereitos de todas as mulleres fronte a unha sociedade na que os homes teñen o principal protagonismo. Por último, realizaremos un pequeno obradoiro para completar a actividade.

Para participar é preciso:

  • Ter 4 anos cumpridos.
  • Ter o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • Reservar praza a partir do venres 1 de marzo ás 9:30 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.