Pequeno obradoiro literario

Data: 
mércores, 24 de Abril de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Os nenos e nenas convértense en autores/as do seu propio libro

Este mércores 24 de abril ás 18:00 horas celebramos o Día internacional do libro cun obradoiro moi especial no que os nenos e nenas se converterán nos autores dun novo libro.

A partir dunha serie de cartas que representan accións, personaxes, lugares e obxectos (que eles/as mesmos/as seleccionarán ao azar) construirán unha narrativa única e seguramente moi disparatada na que deixen plasmada a súa creatividade.

A súa imaxinación voará para tecer unha historia que conteña os elementos que indiquen as cartas, dende aventuras en terras lonxanas ata encontros máxicos en mundos descoñecidos, as posibilidades son infinitas!

Para que todos/as poidamos marabillarnos coa creatividade e o enxeño dos nosos pequenos escritores/as, as historias serán compartidas nas nosas redes sociais nos días posteriores.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do luns 22 de abril ás 16:00 horas de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.