A paisaxe de Rosalía

Data: 
venres, 26 de Febreiro de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para nenos e nenas entre 4 e 8 anos para conmemorar o Día de Rosalía.

O día 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía, data na que se conmemora o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, un dos maiores referentes da nosa literatura.

Para homenaxear á Rosalía o Servizo de Normalización Lingüística do noso concello ofrece aos nenos e nenas entre 4 e 8 anos unha sesión de contacontos que leva por título A paisaxe de Rosalía e que se vai desenvolver o venres 26 de febreiro ás 18:00 horas na planta sótano da biblioteca.

Nenos e nenas gozarán coas aventuras e trasnadas da pequena Rosalía que toman como punto de partida os poemas de Cantares Gallegos e o contorno natural e patrimonial onde transcorreu a súa infancia.Ademáis, os/as participantes deberán implicarse na resolución dunha serie de probas que se lle presentan á protagonista da nosa historia.

Para participar é necesario inscribirse na biblioteca a partir do luns 22 de febreiro ás 10:00 horas. Lembrade que a inscrición pode facerse de maneira presencial ou chamando ao 981 382 173, pero sempre dentro do horario de apertura (mañás de 9:30 a 13:30 e tardes de 16:00 a 21:00 horas).

As persoas adultas teremos tamén o noso acto de homenaxe a Rosalía de Castro o mércores 24. Máis información aquí.