Os contos do fillo da Luca

Data: 
venres, 15 de Decembro de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Espectáculo de narración oral para público adulto (a partir de 14 anos)

1215 Os contos do fillo da Luca cartel.png
1215 Os contos do fillo da Luca cartel.png

Este venres 15 de decembro ás 19:30 temos o último espectáculo de contos para público adulto deste 2023. Recibimos a Damián Alonso con Os contos do fillo da Luca, unha sesión de historias recopiladas, recoñecidas ou non, cun final previsible ou non! O fillo da Luca cóntanos de onde ven, fálanos da súa infancia e achéganos algunha das historias que o marcaron ou o fixeron reflexionar!

Esta sesión está orientada a público adulto a partir de 14 anos.

A asistencia a este espectáculo é libre e de balde ata completar o aforo dispoñible da sala. Non precisades facer unha inscrición previa.