Obradoiro de Nadal

Data: 
sábado, 16 de Decembro de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro infantil para celebrar a chegada do Nadal.

1216 Obradoiro Nadal.png
1216 Obradoiro Nadal.png

A maxia do Nadal chega á biblioteca e queremos festexala cun obradoiro no que os nenos e nenas poderán elaborar elementos decorativos para poñer a nota de cor nos seus fogares.

O sábado 16 de decembro ás 11:00 organizamos un obradoiro no que crearemos bolas de neve para a árbore e outros elementos decorativos.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 12 de decembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

NOTA: Os nenos e nenas de 4 anos deberán quedar acompañados dunha persoa adulta (só unha persoa por neno/a).