Obradoiro de Nadal

Data: 
sábado, 17 de Decembro de 2016
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Construimos a casa do Apalpador

ACTUALIZACIÓN: As prazas para este obradoiro esgotáronse o luns 12 ás 19:00 horas.

O Nadal está moi preto e o Apalpador está a piques de aparecer nas nosas casas, pero… como será a súa?

Este sábado 17 de decembro entre as 11:00 e as 12:30 adicaremos o noso tradicional obradoiro de Nadal a construir unha casa para o noso amigo.

Para participar neste obradoiro é preciso:

  • Ter 3 anos cumpridos.
  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do luns 12 de decembro ás 16:00 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Os nenos e nenas de 3 anos deberán quedar acompañados dunha persoa adulta.