Obradoiro de manualidades "Día do libro"

Data: 
xoves, 23 de Abril de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Facemos unhas fundas divertidas para protexer os nosos contos favoritos.

ACTUALIZACIÓN: Xa podes ver as fotos na Galería

O xoves 23 de abril, Día internacional do libro, adicaremos un ratiño da tarde,de 18:30 a 19:30, a elaborar unhas divertidas fundas coas que protexer os nosos contos favoritos.

Queres acompañarnos?

Lembra que tes que ter o carné da biblioteca e reservar a túa praza a partir do luns 20 de abril ás 16:00 horas (no mostrador da biblioteca ou chamado ao 981 382 173). Se tes menos de 5 anos terá que acompañarte unha persoa adulta.