Obradoiro de decoración

Data: 
luns, 29 de Xullo de 2019
Lugar: 
Axencia de lectura municipal da Gándara

Participa na decoración do noso espazo no Gulliver Fest

O sábado 3 de agosto a biblioteca marcha ao Gulliver Fest! Participamos neste festival da cultura viaxeira ofrecendo un espazo onde poder consultar guías turísticas, literatura de viaxes e manuais de temática diversa que pode ser de axuda para as persoas viaxeiras (idiomas no estranxeiro, cociña sinxela para as caravanas, rutas turísticas, guías de cámpings...).
 
Queremos deixar este espazo ben vistoso e por iso prepararemos unha grinalda de caravanas clásicas para decoralo. Animamos a grandes e pequenos/as a participar na decoración.
 

Cando? Luns 29 de xullo entre as 11:30 e as 13:30 (podes chegar e marchar cando che veña mellor).

Onde? Na entrada da Axencia de lectura muncipal da Gándara (Casa da Mocidade).

Quen? Persoas de todas as idades. Os nenos/as deben estar acompañados/as dunha persoa adulta.

Como? De maneira libre e de balde. Non é necesaria inscrición previa.

Que? Estaremos confeccionando unha grilanda de caravanas clásicas. Podes decorar a túa caravana de maneira personalizada.

 

Ademáis podes aproveitar a visita á Axencia de lectura municipal para levar de balde libros de literatura infantil. Máis información neste enlace.