O medo é libre

Data: 
venres, 22 de Setembro de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Espectáculo de narración oral para público adulto (a partir de 14 anos)

Este venres 22 de setembro ás 19:30 recibimos á narradora oral Ángeles Goás co seu espectáculo O medo é libre, unha sesión de contos para persoas adultas (a partir de 14 anos).

As historias que escoitaremos teñen como tema común o medo, unha emoción coñecida e sentida por todos e todas nós nalgún momento da nosa vida. Ángeles Goás ofreceranos unha selección de contos propios e outros recollidos da tradición oral.

Todos eles son historias de vida que nos falan dos medos que conviven con nós no día a día, que nos moven ou nos paralizan. Aínda así veremos que estes medos non teñen a última palabra, porque o medo é libre, si…, pero nós podemos decidir que grao de liberdade queremos darlle.

A asistencia a este espectáculo é libre e de balde ata completar o aforo dispoñible da sala. Non precisades facer unha inscrición previa.

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler Conta Moito.