O mar ao noso coidado

Data: 
sábado, 2 de Xuño de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un obradoiro para poñer en valor o ecosistema mariño

Cada 5 de xuño celébrase en boa parte do mundo o Día do Medio Ambiente. Na biblioteca quixemos recoller o lema deste ano, Racha co plástico, e sumalo á campaña Mares Limpios que a ONU Medio Ambiente desenvolveu no pasado ano 2017. Con estes ingredientes elaboramos un obradoiro para nenos e nenas a partir de 4 anos.

Agora que o verán está preto e a nosa interactuación co mar vai ser máis intensa é importante que os nenos e nenas saiban o que se pode facer e o que non se debe facer para manter as praias limpas e, dese xeito, coidar da flora e a fauna mariña.

A actividade O mar ao noso coidado vaise desenvolver o sábado 2 de xuño ás 11:00 da mañá. Lembrade que as prazas son limitadas e para poder participar:

  • Os nenos e nenas deben ter o carné da rede de bibliotecas.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 29 de maio ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.