O Jazz

Data: 
sábado, 21 de Setembro de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade infantil con música en directo a cargo dos/as membros da Banda do garaxe

Tras o parón do verán o vindeiro sábado 21 de setembro ás 11:00 h. retomamos o noso programa de actividades Biblioespazo 2019 e facémolo con música!

Os nenos e nenas a partir de 4 anos gozarán dunha actividade que ten como protagonista o jazz, un xénero musical principalmente instrumental baseado na improvisación. Este pequeno obradoiro conta coa participación dos e das membros máis noviños/as da Banda do garaxe, que virán á biblioteca con cadanseu instrumento para explicarlles aos nenos e ás nenas as súas características máis importantes e falarlles das súas experiencias no mundo da música.

A Banda do Garaxe é unha formación musical pertencente á Asociación Cutural Musical Sementeira de Narón cuxo repertorio está baseado na música festiva e moderna con espíritu rock.

Para participar nesta actividade:

  • É imprescindible reservar praza. Podedes facelo a partir do martes 17 de setembro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

 

Máis información sobre a Asociación Cultural Musical Sementeira neste enlace:

https://www.acmsementeiranaron.com/