Moucho e Cuquiña circulan por Narón

Data: 
sábado, 5 de Maio de 2018
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un paseo polo noso concello en compañía dun moucho e dunha meiga

A sala de exposicións da biblioteca acollerá do 2 ao 11 de maio os 18 traballos que o alumnado de 5º e 6º de primaria dos centros escolares do noso concello realizou nas Olimpiadas escolares de Educación vial.

Para complementar a visita a esta exposición, a biblioteca organiza para o sábado 5 de maio ás 11 da mañá o contacontos Moucho e Cuquiña circulan por Narón, baseado na obra homónima escrita por Paula Merlán e ilustrada por Antonio Seijas.

Nesta sesión acompañaremos ao moucho e á meiga Cuquiña nunha viaxe por varios dos lugares máis representativos do noso concello, onde aprenderemos o importante que é dispoñer dun código e dunhas normas de circulación.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos.
  • É imprescindible reservar praza a partir do luns 30 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
  • Os nenos e nenas participantes teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.