Fotoconto

Data: 
sábado, 25 de Abril de 2015
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Un obradoiro moi creativo para seguir coas celebracións do Día do libro.

ACTUALIZACIÓN: Xa podes ver as fotos na Galería.

Quen non soñou algunha vez con ser protagonista dun conto? Ese soño pode facerse por fin realidade o sábado 25 de abrilde 11:00 a 12:30 coa axuda dun obradoiro creativo no que as nosas fotografías se converterán nas ilustracións máis orixinais.

Como sabedes, o 23 de abril é o Día internacional do libro e, que mellor actividade para celebrar esta data que a creación dun libro novo?  Os autores/as serán os nenos e nenas participantes no obradoiro creativo Fotoconto. Entre todos/as idearemos un conto.

O resultado será un libro moi personalizado, xa que ademáis de facer o texto, encargarémonos tamén das ilustracións. Para iso tomarémonos fotos que logo serán editadas e maquetadas xunto co texto para que quede un libriño ben xeitoso que poda consultar toda a veciñanza.

Para participar é imprescincible:

  • Ter 6 anos ou máis.
  • Ter o carné da biblioteca.
  • Reservar praza a partir do luns 20 de abril ás 16:00 horas no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173.
  • Que papá ou mamá che asinen a autorización para a publicación das túas fotografías (se xa viñeches a algunha actividade este ano non é preciso asinar de novo).

ACTUALIZACIÓN: Este é o resultado do obradoiro