Descubrindo o mundo coa microbioloxía

Data: 
sábado, 3 de Febreiro de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro para pequenos/as científicos/as

O 11 de febreiro está marcado no calendario como o Día internacional da muller e da nena na ciencia, unha data para recoñecer o papel clave que desempeñan as mulleres na ciencia e na tecnoloxía e acadar unha meirande participación e inclusión das mulleres e das nenas neste ámbito.

A biblioteca promove este acceso por igual dos nenos e nenas ao mundo científico coa programación do obradoiro Descubrindo o mundo coa microbioloxía, da compañía Moc Moc.

O sábado 3 de febreiro ás 11:00 recibimos á bióloga Fanny García, que nos traerá un microscopio a través do cal abrirá a fiestra a un mundo engaiolante.

Con este miscroscopio, un pouco de auga, un anaco de cristal e moita curiosidade poderemos dar resposta a preguntas como: que hai nun charco? Por que as plantas son verdes? Por que o pole ou o pelo dos animais poden dar alerxia? Que é unha célula e por que as temos todos os seres vivos?

Este obradoiro está deseñado especialmente para os peques curiosos/as aos que lles gusta explorar o mundo que nos rodea. A adaptación das explicacións e as actividades fomentarán un entendemento sinxelo e divertido, permitindo que os nenos e nenas dean os seus primeiros pasos neste emocionante mundo da microbioloxía.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os seis anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 30 de xaneiro ás 16:00 horas de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.