Debuxar textos e ler debuxos con Florencio Delgado

Data: 
sábado, 28 de Maio de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro creativo para todas as idades

Rematamos as actividades de maio, mes no que celebramos o Día das Letras Galegas, con outra homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán.

O sábado 28 de maio ás 11:00 a compañía Costa Oeste ofrece un obradoiro creativo para público infantil (a partir de 6 anos), xuvenil e adulto.

Esta actividade é unha proposta de animación á lectura onde, grazas aos poemas de Florencio Delgado e á técnica dos caligramas, descubriremos a importancia das artes como medio de expresión artística. Cada participante deseñará a súa propia bolsa de tea contribuíndo deste xeito á sensibilización ambiental e á creación de conciencia en materia medioambiental.

Para participar neste obradoiro:

  • Todas as persoas teñen que ter os seis anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 24 de maio ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler Conta Moito.