Debatemos?

Data: 
sábado, 13 de Abril de 2024
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Actividade multidisciplinar con debate filosófico na biblioteca.

Sabiades que a filosofía e o debate filosófico poden desenvolver diversas habilidades nos máis pequenos/as como poden ser o sentido crítico, a creatividade, a concentración, a escoita ou a comunicación?

Co obxectivo de promover e potenciar estas capacidades este sábado 13 de abril ás 11:00 convidamos aos nenos e nenas a participar nunha actividade multidisciplinar na biblioteca.

Durante a actividade leremos varios contos seleccionados e motivaremos á reflexión a través dun debate por equipos. Será unha oportunidade única para estimular o pensamento crítico e a imaxinación entre os nenos e nenas mentres se divirten e aprenden.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 5 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 9 de abril ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.