Día das escritoras 2022

Data: 
luns, 17 de Outubro de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Participa na lectura común de textos de Almudena Grandes e María Elena Walsh e posterior debate.

Como cada ano, o luns máis próximo á festividade de Santa Teresa de Xesús (este ano o luns 17 de outubro), a Biblioteca Nacional de España, en colaboración coa Federación española de mulleres directivas, executivas, profesionais e empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas celebran o Día das escritoras para reivindicar o labor e o legado das mulleres que escribiron ao longo da historia.

As entidades convocantes animan a todas as bibliotecas a participar na presente edición (sétima en total), que leva por lema "Antes, durante e despois das guerras".

Para conmemorar esta data a Biblioteca de Narón conta coa colaboración da técnico responsable do programa municipal Supervivencia doméstica e organiza un encontro para facer unha lectura común e un posterior coloquio de textos de Almudena Grandes e María Elena Walsh. O evento terá lugar o propio Día das escritoras, luns 17 de outubro, ás 11:00 da mañá. A participación nesta actividade é libre ata completar o aforo dispoñible da sala.