Contamos en igualdade

Data: 
sábado, 20 de Novembro de 2021
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos

A biblioteca conmemora con varios actos o Día internacional para a eliminación da violencia machista. O primeiro deles é unha sesión de contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos que leva por título Contamos en igualdade e que se vai desenvolver o sábado 20 de novembro ás 11:00.

Esta actividade pretende rachar cos estereotipos dos roles tradicionais asignados aos personaxes dos contos en función do seu xénero, idade, etnia ou mesmo condición social, cultural ou funcional. A través de fermosos contos trataremos de reflexionar sobre a nosa relación coas demais persoas para poder construir entre todos e todas un mundo máis igualitario e pacífico.

 

Para participar nesta actividade:

► Os nenos e nenas teñen que ter os 3 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.

► É necesario reservar praza a partir do martes 16 de novembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.