Canta, buguina, canta!

Data: 
sábado, 18 de Xuño de 2022
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Espectáculo para bebés entre 0 e 6 meses

Os máis pequerrechos e pequerrechas da casa teñen unha cita cos contos o sábado 18 de xuño ás 11:00 da mañá. A sala de actividades da sección infantil recibe á compañía Charlatana, que ven ofrecernos o seu espectáculo Canta, buguina, canta!

Soprando a nosa buguina comezaremos unha viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas, regaremos a herba, xogaremos coa marea que sobe e baixa, cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe.

Para participar nesta aventura:

  • Os/as bebés teñen que ter entre 0 e 36 meses e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 14 de xuño ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.

 

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler Conta Moito.