A biblioteca ideal

Data: 
sábado, 1 de Outubro de 2022

Obradoiro para nenos e nenas a partir de 3 anos

Outubro será un mes cargado de actividades coas que conmemoramos o Día internacional das bibliotecas. A primeira delas non se fará esperar. O sábado 1 ás 10:30 a compañía Os náufragos teatro ofrécenos un obradoiro no que imaxinar como sería a biblioteca dos nosos soños.

Pensa como sería para ti unha biblioteca ideal. Que actividades tería? Sería unha biblioteca espacial? Unha biblioteca ao aire libre? Ou mellor unha feita de papel? Todo o que ti imaxines quedará plasmado nun marabilloso libro que elaboraremos entre todas as persoas participantes e, quen sabe, quizais será posible facer realidade algunha das cousas que imaxinemos.

Esta actividade está pensada para participar en familia, polo que cada neno ou nena deberá quedar acompañado dunha persoa adulta.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 27 de setembro, de maneira presencial ou chamando ao 981382173.

 

Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler Conta Moito.