Autores/as con pegada

Data: 
sábado, 27 de Abril de 2019
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro creativo para nenos e nenas a partir de 4 anos

Son moitos os autores e autoras que deixaron pegada ao longo da historia da literatura. Agora queremos que sexan tamén os nenos e nenas de Narón os que deixen literalmente a súa.

O sábado 27 de abril ás 11:00 h. ilustraremos entre todos e todas un texto. A técnica é moi sinxela, untamos o dedo en pintura e aplicámola no papel. Ao rematar o noso traballo faremos unha exposición para que maiores e nenos/as poidan admiralo na biblioteca.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É imprescindible reservar praza a partir do martes 23 de abril ás 16:00 h. no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.