1, 2, 3... a que non o ves! En busca dos monstros

Data: 
sábado, 8 de Febreiro de 2020
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos monstruosos para nenos e nenas a partir de 3 anos

O vindeiro sábado 8 de febreiro ás 11:00 h recibimos por primeira vez na biblioteca á compañía Trémola Teatro, que ven ofrecernos o seu espectáculo de narración oral 1, 2, 3… a que non o ves!, unha sesión de contos de temática monstruosa para aprender a perderlle o medo aos monstros.

A actividade está destinada ao público infantil (a partir de 3 anos) e familiar.

Para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 4 de febreiro ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 982382173 en horario de apertura.