Á biblio sen fume

Data: 
sábado, 16 de Setembro de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Celebramos o Día mundial sen coche cunha actividade infantil para nenos e nenas a partir de 5 anos.

O 22 de setembro celébrase o Día mundial sen coche, unha efeméride que pretende espertar a conciencia ecolóxica e promover diferentes alternativas de transporte e mobilidade.

Con motivo desta conmemoración deseñamos para os nenos e nenas un obradoiro de sensibilización no que coñecerán os danos medioambientais que ocasiona o tráfico de vehículos a motor e no que se converterán en peóns, ciclistas e patinadores/as.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os cinco anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 12 de setembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.