Leo e as cores

Data: 
sábado, 15 de Abril de 2023
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Contacontos para bebés

Novamente recibimos á compañía Trémola Teatro na biblioteca. Desta volta veñen para ofrecernos un espectáculo de contacontos para bebés e familias que elas mesmas describen así: Leo é o león máis curioso de toda a selva. Un día, unha choiva de pompas quítalle ao Elefante Ante e a Tartaruga Uga as súas cores. Será capaz Leo, coa vosa axuda, de devolverlle as cores aos seus amiguiños? 

A sesión de contacontos desenvolverase o sábado 15 de abril ás 11:00 horas.

Para participar nesta actividade:

  • Os/as bebés teñen que ter entre 6 e 36 meses e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 11 de abril ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.