Presentación de El monte o la muerte

venres, 11 de Novembro de 2022

Santiago Macías presenta unha edición actualizada da biografía do guerrilleiro antifranquista Manuel Girón.

A sala multiusos da planta soto acollerá o xoves 17 de novembro ás 18:30 horas a presentación de El monte o la muerte, Manuel Girón y la primera guerrilla antrifranquista de la historia, de Santiago Macías (Ponferrada, 1972).

A obra é un relato da epopea, moitas veces sanguenta, da guerrilla antifranquista centrado na figura de Manuel Girón, o máis lendario dos seus integrantes.

Tres lustros despois da primeira publicación, Macías amplía a oitava edición con documentos inéditos e novos descubrimentos desta apaixoante historia que segue a ser referencia para os estudosos da posguerra. Pero, por riba de todo, en palabras do seu autor, a obra trata de aportar luz ás familias que aínda hoxe buscan información sobre os seus antepasados.

O acto de presentación do libro está aberto ao público en xeral ata completar o aforo dispoñible da sala.

 

 

Etiquetas: 
Presentacións de libros
Santiago Macías
Biblioespazo 2022