Contacontos pola Igualdade
O venres 29 de outubro ás 18:00 horas teremos unha nova sesión de contacontos.
Desta volta trátase dun “Contacontos pola igualdade”, ao que podedes asistir os nenos e nenas de entre 3 e 5 anos. Podedes pedirlle aos papás e mamás que vos acompañen ou ben deixalos soíños na praza (xa están grandes, seguro que non teñen medo).
Queremos que esta actividade sexa participativa, así que dádevos presa en chegar á biblioteca porque só poderedes entrar os 40 primeiros.
Un biquiño e ate o venres!
Engadir comentario