dia da biblioteca

Achégase a data na que celebramos o Día da biblioteca e queremos facelo por todo o alto.

Lembras o lip-dub que fixemos fai un ano? Pasámolo en grande preparando este obradoiro cos nenos e nenas participantes.

Este ano queremos facer algo igual de divertido. Nesta ocasión será un vídeo realizado coa técnica de Time lapse. Unha cámara fixa faranos unha chea de fotos mentres traballamos nun proxecto. O resultado de unir todas as fotos será o noso vídeo...

Video realizado no Obradoiro de audiovisuais (grupo de adultos/as) que tivo lugar os sábados 11 e 18 de outubro de 2014 na Biblioteca Pública Municipal de Narón.

Vídeo realizado no Obradoiro de Audiovisuais (grupo infantil) que tivo lugar os sábados 11 e 18 de outubro na Biblioteca Pública Municipal de Narón