Reto Lector da segunda quincena de marzo

Miércoles, 15 de Marzo de 2017

Suxerencias que vos axudarán a seleccionar as vosas lecturas

 

Co comezo deste ano 2017 puxemos en marcha un Reto Lector na biblioteca que consiste na proposta de 24 temas (un por cada quincena dos 12 meses do ano) para a lectura.

Este desafío foi ideado para todas esas persoas ás que lles custa un chisco ler, para aquelas outras indecisas que nunca saben onde escoller, para aquelas que len só un determinado xénero e están abertas a máis posibilidades e, sobre todo, para as persoas aventureiras ás que lles gustan os retos.

 

Cada quincena de mes facemos unha nova proposta de lectura dende a biblioteca.

  • Para a primeira quincena escollemos un reto obxectivo do que poder ofrecervos varias opcións. Seleccionamos os materiais da biblioteca que cumpren cos requisitos do reto e poñémolos á vosa disposición nunha exposición na planta baixa. Por exemplo, tivemos xa esposta unha selección de libros escritos por autores/as gañadores/as do Nobel de literatura (xaneiro), libros de menos de 150 páxinas (febreiro) e libros de temática feminista e biografías de mulleres (marzo).

 

  • Na segunda quincena a proposta é máis subxectiva e cada un e unha de vós debe escoller a lectura cun criterio baseado na propia experiencia ou vivencias. En xaneiro propuxemos a lectura dun libro recomendado por unha persoa de confianza; en febreiro o reto foi reler o libro favorito da vosa infancia.

 

Agora estamos a piques de comezar unha nova quincena e con ela un novo reto, que será ler un Libro publicado no ano do teu nacemento.

Para axudarvos na tarefa de selección da lectura propoñemos varios artigos que clasifican os libros por anos:

E para as persoas máis noviñas:

 

Esperamos que o reto desta quincena vos axude a descubrir autores/as ou temáticas que vos sorprendan. Que o disfrutedes!

 

 

 

Etiquetas: 
Reto lector
Seleccións
Propostas
Biblioespazo 2017