Xa temos o Entroido ás portas e queremos celebralo como ten que ser, transformándonos noutro personaxe a través dun disfrace. Para iso organizamos un obradoiro para os/as máis pequenos/as da casa co que nos mergullaremos nunha aventura de piratas.
Na sesión escoitaremos historias de piratas e traballaremos con diferentes materiais para saír ataviados coma corsarios e corsarias. Xa só nos ha faltar un loro ao ombreiro!
Esta actividade terá lugar o sábado 26 de febreiro ás 11:00 da mañá e está...