Seleccións

 

Co comezo deste ano 2017 puxemos en marcha un Reto Lector na biblioteca que consiste na proposta de 24 temas (un por cada quincena dos 12 meses do ano) para a lectura.

Este desafío foi ideado para todas esas persoas ás que lles custa un chisco ler, para aquelas outras indecisas que nunca saben onde escoller, para aquelas que len só un determinado xénero e están abertas a máis posibilidades e, sobre todo, para as persoas aventureiras ás que lles gustan os retos.

 

Cada quincena de mes facemos unha nova...

Nunca se sabe onde podemos atopar o amor da nosa vida e moitas veces xorde da maneira máis inesperada.

Quen che ía a dicir a ti, que che gustan as loiras de pelo longo, que acabarías perdidamente namorado dunha clon de Audrey Hepburn? Ou a ti, que sempre suspiraches por Brad Pitt, que acabarías compartindo a túa vida co curmán de Mortadelo (que non é tan ben parecido, pero vaia se che fai rir!).

Coa literatura pasa o mesmo que co amor; témonos que deixar de prexuízos, abrir as nosas miras e non xulgar a un libro pola súa portada cando todos e todas sabemos...

Para todas esas persoas ás que lles custa un chisco ler, para aquelas outras indecisas que nunca saben onde escoller, para aquelas que len só un determinado xénero e están abertas a máis posibilidades e,sobre todo, para as persoas aventureiras ás que lles gustan os desafíos… Para todas vai o noso Reto Lector 2017.

Con que obxectivo lanzamos o reto?
  • Para lograr ler 24 libros nun ano.
  • Para ampliar os xéneros e temáticas das nosas lecturas.
  • Para participar dun desafío con máis persoas.
  • Para...

Por cuarto ano consecutivo retomamos o préstamo dos lotes sorpresa durante o Nadal.

Que é?

Trátase dunha actividade só para nenos e nenas aventureiros/as aos que non lles asusten os novos retos.

Na biblioteca temos preparados distintos lotes con documentos (libros, CDs, DVDs…) especialmente seleccionados pola súa calidade estética ou literaria. Os lotes están clasificados por idades, aínda que xa sabedes que o da idade é máis ben orientativo.

En que consiste a actividade?

Cada vez que...

En moitas das fichas de préstamo dos nosos nenos e nenas figura repetidamente un mesmo número de rexistro de libro. Case todos/as teñen un conto favorito que nunca se cansan de escoitar, para moitos e moitas existe un conto especial do que se saben todo o texto; aquel que os entusiasmou tanto que sempre vai quedar na súa memoria.

As persoas adultas tamén sabemos moito diso. Quen non lembra un conto que marcou a súa infancia? aquel contiño que nos contaban con tanta paciencia...

Tamén podes consultar e descargar o boletín no apartado Boletíns e outros documentos.

Sodes moitos os que estades esperando o pistoletazo de saída da tempada para adicarvos a esta aficción que cada ano ten máis adeptos/as, xa que é acesible para persoas de todas as idades e case condicións físicas e ademáis pódese facer en familia.

Debemos ter en conta que non é unha tarefa exenta de riscos. Entre os moitísimos tipos de cogomelos que podemos atopar, hai algunhas especies tóxicas moi perigosas e mesmo mortais.
O recomendable é practicar sempre esta actividade acompañados/as dunha...

Non sufras! Na biblioteca temos preparada para ti unha selección de libros de cociña para facilitarche a vida tendo en conta o pouco tempo e o axustado orzamento dos que disporás.

Para ir comezando:

...

Para viaxeiros con pouco tempo:

  • Colección “ El viajero city”: Unha colección de guías para escapadas de dous ou máis días ás principais capitais europeas:  Berlín, Venecia, Dublín, Florencia, Bruselas, Londres, Praga…

...

Páxinas