Nadal

Sexta edición dos préstamos de lotes sorpresa durante o Nadal.

Que é?

Trátase dunha actividade só para nenos e nenas aventureiros/as aos que non lles asusten os novos retos.

Na biblioteca temos preparados distintos lotes con documentos (libros, CDs, DVDs…) especialmente seleccionados pola súa calidade estética ou literaria. Os lotes están clasificados por idades, aínda que...

Por estas datas todo o noso entorno está adornado de luces, grilandas, coroas e candeas. A actividade que vos propón a biblioteca como remate da programación de Biblioespazo 2019 tamén quere colaborar para a elaboración da decoración tan característica destas datas animando a nenos e nenas a que sexan eles7as mesmos quen a confeccionen.

Con materiais sinxelos, moita maxia  e un pouco de axuda da vosa parte, o sábado 21 de decembro a partir das 11:00 da mañá os/as peques da casa poderán plasmar toda a súa creatividade en...

O Concello iniciou o pasado martes 19 de novembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias con escasos recursos. A recollida dos xoguetes está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis.

Máis información: Campaña de recollida de xoguetes.

...

A biblioteca quere promover en poñer en valor o seu carácter de praza pública e punto de encontro entre a cidadanía ofrecendo a partir de agora pequenos obradoiros colaborativos ou makerspaces.

Un Makerspace é un espazo que dota aos seus usuarios e usuarias de diferentes ferramentas para a creación de proxectos e desenvolvemento de habilidades de maneira individual ou colectiva. Un exemplo claro de makerspace poderían ser os tradicionais clubs...

Xa de cheo metidos/as no Nadal recibimos a visita do lexendario Apalpador, o carboeiro bo que cada 24 e 31 de decembro baixa das montañas do Courel para tocar as barriguiñas de todos os nenos e nenas, ver se comeron ben e desexarlles un ano cargado de alegrías.

Nas súas visitas ao noso concello, o Apalpador ofrecerá ademáis aos nenos e nenas entre 3 e 12 anos unha sesión de contacontos. Podedes velo:

O martes 18 de decembro ás 17:00 horas...

Ao longo do mes de decembro terán lugar na biblioteca diferentes obradoiros cos que tanto os nenos e nenas coma as persoas adultas poderán desenvolver as súas habilidades creativas e decorativas.

Tarxetas de Nadal:

Martes 4 de decembro ás 18:00 h.

Nada mellor que elaborar as nosas propias tarxetas de Nadal para enviar aos nosos seres queridos. Os nenos e as nenas asistentes deseñarán a súa propia tarxeta...

O programa de actividades Biblioespazo 2017 chega ao seu fin ofrecendo aos nenos e nenas diferentes obradoiros cos que divertirse e aprender nas mañás das vacacións escolares. Na derradeira semana do ano levaremos a cabo os seguintes obradoiros infantís:

Martes 26 de decembro:

O conto é noso, actividade creativa na que elaboraremos un conto.

Para nenos e nenas entre 4 e 6 anos.

...

O sábado 23 de decembro ás 11:00 celebramos o Nadal cunha actividade moi especial. O tren da amizade levaranos de viaxe polos carrís da música.

Despois de escoitar historias, cantar e bailar elaboraremos coas nosas propias mans un instrumento musical.

A actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 5 anos. Se queres que o teu fillo ou filla participe tes que reservar a súa praza a partir do martes 19 ás 16:00 horas. Podes facelo no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en...

Sabemos que estas datas son especialmente duras para o Apalpador e para os Reis Magos. A cantidade de agasallos que teñen que envolver este mes produce, sen dúbida, unha sobrecarga no traballo que desenvolven.

Na biblioteca queremos botarlles unha man axudando a envolver aqueles presentes que lles pedimos na carta e que van destinados aos nosos seres queridos. Para iso reunirémonos o martes 19 de decembro en dúas quendas (18:00 a 19:00 e 19:00 a 20:00) para compartir un espazo e un momento onde dar renda solta á nosa creatividade.

Teremos...

Como ben sabedes, a rede de bibliotecas públicas de Narón conta con tres centros:

  • Biblioteca central do Alto.
  • Axencia de lectura municipal da Gándara.
  • Axencia de lectura municipal da Solaina. Neste caso o servizo préstase no mesmo espazo da Ludoteca municipal e só para nenos e nenas ata 12 anos.

O carné de usuario/a é único para os tres puntos de servizo, así que todos os nenos e nenas con carné da Biblioteca do Alto poden facer uso tamén das axencias de lectura...

Páxinas