Exposicións

 

A sala de exposicións da biblioteca (na planta sótano) acollerá dende o xoves 3 ata o martes 29 de setembro unha mostra de pintura do naronés Antonio Quintía Basoa.

A colección está composta por máis dunha vintena de cadros onde o artista plasma o seu persoal estilo.

 

 

O horario de visita para esta exposición é o seguinte:

Do 3 ao 11 de setembro:

   ►Mañás de martes a venres de 10:00 a 13:00 horas.

   ►Tardes de...

A sala de exposicións (planta sótano) da biblioteca acollerá entre o luns 20 de xaneiro (a partir das 19:00 horas) e o sábado 1 de febreiro a exposición fotográfica Galegos en Mauthausen, da Asociación cultural Memoria Histórica Democrática. 

A mostra está composta por 40 fotografías que amosan as condicións de vida no campo de concentración nazi no que morreron preto de douscentos galegos e galegas, así coma documentación (cartas, fotografías…) dalgunha das persoas...

A sala de exposicións da planta sótano da biblioteca acollerá dende o luns 17 de decembro ata o sábado 5 de xaneiro a exposición Eu estiven alí, unha colección na que o fotógrafo vigués Alberto Ladero plasma a súa afición pola música rock.

Ladero describe así a súa relación coas dúas artes, música e fotografía: “a través dos tempos vivín a música como algo primordial na miña vida, e non estou a falar só de rock. Sempre fun fiel seguidor da música en directo e sempre...

Do 1 ao 15 de marzo e dentro dos actos cos que o Concello de Narón conmemora o Día internacional das mulleres, a biblioteca acolle unha exposición cedida polo Ateneo Ferrolán sobre  Hildegart Rodríguez Carballeira.

Hildegart naceu en 1914, filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira. Foi unha das figuras que máis e mellor contribuiu no seu tempo á liberalización e participación da muller na sociedade. Publicou unha decena de libros e foi colaboradora de publicacións como Renovación, El Socialista, ou...

A sala de exposicións (planta sótano) da biblioteca acollerá entre o luns 29 de xaneiro e o sábado 10 de febreiro a exposición fotográfica Galegos en Mauthausen, da Asociación cultural Memoria Histórica Democrática.

A mostra está composta por 40 fotografías que amosan as condicións de vida no campo de concentración, así coma documentación (cartas, fotografías…) dalgúns españois e españolas presos/as.

...

A sala de exposicións da planta sótano da biblioteca acollerá entre o sábado 16 e o sábado 30 de decembro a exposición coa que a Asociación artístico-cultural Mesturas quere dar a coñecer a obra dos e das artistas que a compoñen.

A asociación naceu en Narón no ano 2012 como punto de encontro entre artistas e persoas afeccionadas ás artes, un lugar común onde dar a coñecer e compartir a oferta artística e cultural de Narón e a súa contorna.

 

Segundo as palabras de María del Carmen Sendón, a presidenta da asociación, Mesturas “quere dar cabida a todas...

A sección de fotografía do Grupo Bazán.

A Sección de Fotografía do Grupo Bazán formouse no ano 1994 por iniciativa de Francisco M. Costoya, que reuniu un grupo de persoas con interese por esta arte e moita ilusión por ampliar coñecementos. A súa formación comezou cun curso de iniciación a cargo do fotógrafo Manolo Campoy.

Tras a celebración deste primeiro curso, unha ducia de participantes decidiu reunirse todos os venres para seguir compartindo os seus avances na fotografía. O...

 

En 2013 celebramos por primeira vez a Feira-mostra do libro usado e de segunda man, que tras o éxito dos anos anteriores celebra en 2017 a súa quinta edición.

Ao igual que nos pasados anos, enmarcamos esta actividade en abril, mes do libro, concretamente entre o luns 17 e o venres 21 (ambos incluídos) de 17:00 a 20:00 horas.

Se tes un lote de libros que xa non che fai falta, a biblioteca ofréceche a oportunidade de vendelos ou trocalos, para...

A Asociación Deportiva e Cultural dos profesionais da área sanitaria de Ferrol desenvolve diferentes obradoiros e actividades dirixidas aos e ás profesionais das diferentes categorías e servizos dos centros hospitalarios e dos centros de saúde da comarca.

A Xerencia de xestión integrada de Ferrol organizou un obradoiro de fotografía impartido polo destacado fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón. O seu alumnado levou a cabo un proxecto no que plasmaron as diferentes miradas en...

MONTSE FUNCASTA

Montse López Funcasta (Vilalba, 1973), comezou coa súa aficción á fotografía fai uns cinco anos na “Casa da muller” de Ferrol.

Dende entón realizou varios cursos monográficos especializados (iluminación, composición fotográfica, procesado con Photoshop, lightpainting…) da man de fotógrafos xa experimentados como Daniel Lois, Alicia Seoane Orro, Eduardo Pérez Gil, Fran Nieto, Simón López, Carlos Caraglia, Gimena Berenguer e Rocío Brage, coa que segue...

Páxinas