Engadir comentario

Ola, Susana! O Club de lectura para persoas adultas (a partir de 16 anos) é unha actividade que consiste na lectura simultánea dun libro cada mes e a celebración dunha xuntanza para debatir sobre os diferentes aspectos da obra. A Biblioteca de Galicia proporciona en préstamo os exemplares do libro elexido, polo que non é necesario que as persoas participantes o merquen. As xuntanzas teñen unha duración de hora e media.