Xornada de portas abertas na B.P.M. de Narón

martes, 15 de Outubro de 2013

Cando?

  • O xoves 24 de outubro

A que hora?

  • Pola mañá para o público adulto de 11:00 a 12:00.
  • Pola tarde para o público familiar de 18:00 a 19:00.

Que faremos?

  • A actividade consistirá nunha visita guiada por todo o edificio que alberga a biblioteca, de maneira que podades coñecer os espazos aos que xeralmente non tedes acceso. En cada espazo en concreto explicaremos as tarefas bibliotecarias que se realizan e que non vedes directamente: selección de fondos, catalogación, preparación física dos documentos, encadernación, arquivo…
  • Ademáis, nos espazos en libre acceso aproveitaremos para darvos as nocións básicas de organización do fondo e das normas xerais de uso. Repasaremos tamén todos os servizos que a biblioteca ofrece, para aqueles usuarios/as que descoñezades algún deles.

Percorrido:

Na planta baixa visitaremos:

  • Os dous espazos de traballo interno, un dos cales alberga o fondo audiovisual.
  • O arquivo onde se gardan os materiais e as máquinas plastificadora e encadernadora.

Na primeira planta poderemos ver:

  • O depósito de libros que non están en libre acceso pero que teñen a mesma política de préstamo e uso que os que si están.
  • O arquivo onde se gardan as publicacións periódicas e os fondos de acceso restrinxido.

E xa na segunda planta veremos:

  • A sala multiusos onde se celebran actividades tan diversas coma presentación de libros, audicións, proxeccións, cursos e obradoiros, charlas…
  • Os seminarios de estudio, espazos pensados para a investigación pero que se ofrecen ao público en xeral coma alternativa cando a celebración de actividades interfire co estudio na sala de lectura.

Como podo participar?

Será necesaria unha inscrición previa nalgunha das dúas quendas, que terán un límite de 20 persoas. O prazo de inscrición ábrese o xoves 17 de outubro ás 10:00 da mañá e, coma sempre, podedes reservar as prazas de maneira presencial ou telefónica (chamando ao 981 382 173).

 

MÁIS INFORMACIÓN:

981 382 173

biblioteca.central@naron.es