Xornada de portas abertas

mércores, 17 de Outubro de 2018

Visitas guiadas pola biblioteca o mércores 24 de outubro

Este ano o Día internacional da biblioteca cae por semana, por eso adiantamos os actos de celebración ao venres e sábado anteriores (19 e 20 de outubro):
 
Aínda así, queremos destacar o día propio, que é o 24, cunha actividade especial. Trátase dunha xornada de portas abertas con visitas guiadas por todo o edificio da biblioteca.
As persoas que queirades participar poderedes coñecer os espazos aos que xeralmente non tedes acceso, descubriredes todo o proceso técnico dende a selección dun material para o noso fondo ata a súa posta a disposición para os usuarios/as e resolveredes todas as dúbidas e curiosidades que teñades sobre a biblioteca e os seus servizos.
Establécense dúas horas de visita:
  • Entre as 11:00 e as 12:00 da mañá para o público adulto.
  • Entre as 17:30 e as 18:30 da tarde para público de todas as idades.
As prazas están limitadas así que será necesario reservalas a partir do luns 22 de outubro ás 9:30 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
 
          Consulta no cartaz o resto de actividades:
 
 
 
 
 
Etiquetas: 
Día internacional da biblioteca
Visitas guiadas
Xornada de portas abertas