Volven os préstamos sorpresa!

venres, 19 de Decembro de 2014

Durante as vacacións do ano pasado deixáchedenos sorprendervos cos lotes de préstamos sorpresa. Foi tal o éxito desta iniciativa que non podíamos deixar pasar estas datas sen recuperar esta actividade que tanta ilusión vos fixo.

Dende o próximo luns, 22 de decembro, disporedes de novo do préstamo de lotes sorpresa.

Que é?

Trátase dunha actividade só para nenos e nenas aventureiros/as aos que non lles asusten os novos retos.

Na biblioteca temos preparados 100 lotes con documentos (libros, CDs, DVDs…) que seleccionamos especialmente para vós pola súa calidade estética ou literaria. Os lotes están clasificados por idades, aínda que xa sabedes que o da idade é máis ben orientativo.

En que consiste a actividade?

Cada vez que veñas á biblioteca para levar libros á casa poderás elexir a cegas un número de lote, do que descoñeces o contido. O reto é que non abras o paquete ata chegar á túa casa. Dentro atoparás unha serie de contos, libros didácticos, películas, músicas.. (o contido varía en cada lote) seleccionados polo persoal da biblioteca.

Xa sabemos que nalgúns casos pode que o que seleccionamos non coincida moito cos teus gustos, pero tan só pedimos que fagas un pequeno esforzo para abrir a túa mente a novas experiencias e temáticas que ao mellor ata o de agora nunca exploraches.

Dentro de cada paquete vai ademáis unha pequena ficha dos materiais que contén. Podes empregar esa mesma folla pola parte de atrás para contarnos se o que atopaches dentro do paquete che gustou.

Que che pedimos a cambio?

  • O compromiso de non abrir o paquete ata chegar á túa casa.
  • O esforzo de botarlle un ollo a todos os materiais aínda que penses que non che van gustar.
  • Que nos devolvas a folla (a mesma que vai dentro do lote ou calquera outra se o prefires) e nos indiques nela se os materias que seleccionamos che gustaron ou non. Non teñas medo! Aceptamos todo tipo de críticas negativas!

Anímaste?

Esperámoste na biblioteca dende o luns 22 de decembro ata o luns 5 de xaneiro no noso horario de apertura habitualO luns 5 de xaneiro pechamos ás 20:00 en lugar das 21:00.