Visitas escolares 2010

luns, 1 de Marzo de 2010

Como complemento ao programa de animación á lectura nos centros escolares desenvolvido polo Servizo Sociocomunitario Municipal, a biblioteca recibe estes meses a visita de nenos e nenas de educación infantil e primaria de diferentes colexios de Narón.

Que facemos nas visitas? Presentamos a biblioteca facendo un percorrido por todas as súas plantas, resolvendo todas as dúbidas que se nos formulan por parte dos nenos e nenas. Para o final deixamos a sección infantil, onde pasamos a maior parte do tempo da visita, xa que deste xeito:

  • presentamos os diferentes materiais cos que contades (contos, cómics, películas, documentais, cederróns educativos,…)
  • damos unha pequena orientación para saber onde se atopan os materiais máis axeitados a cada un, de maneira que poidades acceder a eles libremente e sen axuda dos maiores
  • informamos sobre a maneira de facerse socio/a da biblioteca
  • resolvemos dúbidas sobre as condicións dos empréstitos para a casa
  • dedicamos os últimos minutos a ler contos, ben en grupo ou de maneira individual.

Estas visitas supoñen nalgúns casos un primeiro acercamento á biblioteca, pero os que xa a coñecían de antes sempre acaban descubrindo novas sorpresas!