Videofórum "Clara Campoamor, la mujer olvidada"

xoves, 27 de Marzo de 2014

O mércores 2 de abril proxectaremos "Clara Campoamor, la mujer olvidada", película que narra a loita desta muller que acadou o sufraxio feminino en España.

A película ofrécenos unha visión crítica dos roles de xénero e supón un chamamento claro á súa desestructuración para acadar unha sociedade máis equitativa. Pon de manifesto os grandes logros acadados polas mulleres que loitaron na súa época por conseguir a igualdade cos homes.

Tras a proxección da película contaremos con Loreto Primo e Tareixa Pereiro, da Marcha Mundial das Mulleres, para un debate e reflexión sobre os dereitos das mulleres na época na que se enmarca a película e na actualidade.

  • 17:00-18:30 Proxección da película.
  • 18:30-19:15 Debate.

A película foi cedida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A entrada á proxección e ao debate é libre ata completar aforo.