Sexta xuntanza do SOLF

luns, 9 de Decembro de 2013

O venres 13 de decembro celebramos a sexta xuntanza do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias, servizo orientado aos membros adultos das familias pero tamén  a mestres/as, monitores/as infantís ou estudiantes.

Mediante pequenas reunións trimestrais informamos sobre as últimas novidades adquiridas para o fondo infantil, destacando aquelas máis salientables polas súas cualidades estéticas e literarias.

Nesta ocasión, ademáis de presentar as novidades do fondo infantil máis destacadas dende setembro ata decembro, falaremos das actividades de animación á lectura previstas para este mes.  Como novidade temos unha sorpresiña na que levamos traballando mes e medio e que esperamos teña boa acollida entre vos e os/as máis peques da casa.

A asistencia ás xuntanzas é totalmente libre, pero agradecemos confirmación de asistencia a unha das dúas quendas, que se celebrarán:

  • Pola mañá: de 11:00 a 12:00
  • Pola tarde: de 19:00 a 20:00