Revistas a exame

martes, 13 de Decembro de 2016

Posibles revistas a incorporar ao noso fondo a partir de 2017

Como ben sabedes, na sección hemeroteca da planta baixa contamos cun gran número de revistas de moi diferentes temáticas: motor, arte, informática, música, literatura...

Estas publicacións son para a consulta en sala, pero podedes sacar as revistas para fotocopiar ou levar en préstamo os números atrasados.

Durante este mes de decembro poñemos á vosa disposición unha selección de novas posibles revistas a incorporar ao noso catálogo.

A partir de 2017 comezaremos a adquirir de maneira regular aquelas publicacións que, tras seren consultadas, resulten de máis interese para todos e todas vos.

Etiquetas: 
Revistas
Hemeroteca
Publicacións periódicas
Nadal