Reapertura da Axencia de lectura da Gándara

luns, 24 de Setembro de 2018

Celebramos a reapertura da Axencia de lectura municipal da Gándara e a Aula de informática con dúas actividades

Tras o peche por obras de reacondicionamento dos locais, a Axencia de lectura municipal da Gándara e a Aula de informática da Casa da mocidade retomaron a súa actividade o pasado 3 de setembro.
 
A Axencia de lectura segue prestando servizo a persoas de todas as idades, pero os seus fondos e actividades van ir orientándose máis ao público xuvenil. O seu fondo conta dende este mes con moitas novidades bibliográficas, entre as que destacan as coleccións de manga recomendadas pola Asociación Gaikai.
 
 
Para celebrar esta reapertura dos servizos organizamos dúas actividades para este venres 28 de setembro.
 
Ás 17:30 haberá unha sesión de contacontos para nenos e nenas a partir de 4 anos. A praza para participar pódese reservar a partir do luns 24 ás 16:00 horas, no mostrador da biblioteca central ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
 
Ás 18:30 o grupo xuvenil naronés A banda do garaxe ofrecerá un concerto para o público en xeral.
 
Animámosvos a todos e todas a participar nas actividades do venres e achegarvos a coñecer as instalacións. O horario de apertura dos dous servizos é de luns a venres de 17:00 a 19:00 horas.